A actividade de Ibersys en materia de Formación nace como unha resposta ás esixencias legais e ás necesidades das empresas no ámbito da Prevención de Riscos Laborais (PRL) e a Seguridade Industrial.
A práctica da actividade formativa no ámbito da PRL, pronto nos fixo entender a necesidade de proxectar a formación máis aló do cumprimento da lexislación. Do mesmo xeito que entendemos que a Prevención debe ser concibida como un investimento que redunda na competitividade das empresas, estamos convencidos de que a Formación ha de abarcar todas as disciplinas e prácticas vinculadas á actividade das compañías en todos os sectores.
É por esta razón, polo que a nosa oferta articúlase en tres ámbitos: formación de convenio, sectorial e a medida.
As dúas primeiras baséanse nas esixencias da lexislación para cada ámbito de actividade, garantindo por medio da aplicación das mellores prácticas e tecnoloxías unha optimización dos procesos, da produtividade e dos indicadores de calidade. A terceira responde á procura da excelencia empresarial.
Neste sentido, a nosa experiencia e dimensión, unida á contrastada capacidade profesional do noso equipo humano, permítenos realizar unha análise previa das necesidades de cada cliente, deseñando os plans de formación como un traxe a medida que, tras ser executados, son sometidos a unha rigorosa avaliación.
A alta calidade dos nosos programas e accións formativas apóiase nun modelo mixto de teoría e práctica baseada en situacións reais de traballo e simulacións de situacións de emerxencia.
Este modelo, permítenos ser líderes no noso ámbito de actividade e ofrecerlles aos nosos clientes as mellores solucións de formación, respondendo ás súas necesidades, superando as súas expectativas e acompañándoos no camiño do éxito.
1. Investigación
lexislación + sectorial + necesidades particulares do cliente
2. Deseño
do programa
3. Execución
da acción formativa
4. Avaliación
de resultados