Icono ergonomía

Adaptando o traballo ao ser humano

Segundo a Asociación Española de Ergonomía, a ergonomía é o conxunto de coñecementos de carácter multidisciplinar aplicados para a adecuación dos produtos, sistemas e contornas artificiais ás necesidades, limitacións e características dos seus usuarios, optimizando a eficacia, seguridade e benestar.

A ausencia de criterios ergonómicos no deseño ou concepción dun posto de traballo pode supoñer efectos negativos para a saúde, que ademais poden ser múltiples en función do tipo de riscos e factores de riscos que resulten afectados. Relacionados coa carga física os principais efectos para a saúde son os relacionados coa fatiga física e os trastornos músculo esqueléticos, pero tamén poden existir outro tipo de efectos ou problemas inespecíficos derivados de ámbitos de ergonomía de organización, ambiental, etc.

Do mesmo xeito que o resto de riscos laborais a xestión dos riscos ergonómicos é unha obrigación legal nas empresas, que achega grandes beneficios e vantaxes, en concepto de produtividade, mellora do ambiente laboral, vantaxe competitiva, e impacto social, cando se toman medidas antes de esperar as sancións administrativas.

Triángulo Greca Ibersys

Os nosos servizos

Nor-Prevención, S.L. pon á súa disposición un amplo grupo de profesionais cualificados e con experiencia na especialidade que poderá guiarlle na implementación de criterios ergonómicos nos postos de traballo da súa empresa.

Servizos que ofrecemos de forma individual ou combinada e personalizados segundo a empresa, sector ou características dos postos de traballo:

  • Identificación dos posibles factores de risco presentes no posto.
  • Selección da/s metodoloxía/s, técnica/s e instrumento/s a empregar, segundo o caso.
  • Planificación e realización do traballo de campo.
  • Análise dos resultados e elaboración do/dos informe/s correspondentes.
  • Elaboración e posta en marcha de programas de intervención.
  • Seguimento e control das medidas adoptadas.
  • Formación personalizada teórico-práctica relacionada coa materia.
Ibersys Ergonomía
Triángulo Greca Ibersys

Solicita información agora

Información básica sobre protección de datos:

Aos efectos do Regulamento (UE) Xeral de Protección de Datos 679/2016 e Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Responsable: Ibersys Seguridad y Salud S.L.U.
Finalidades: Xestionar a súa solicitude de información e/ou contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal
Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional
Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos aquí.

Lin e acepto a política de privacidade