Icono psicosociología

Que a túa seguridade teña uns novos cimentos

O concepto de factores psicosociais fai referencia a aquelas condicións que se atopan presentes nunha situación laboral e que están directamente relacionadas coa organización, o contido do traballo e a realización da tarefa, e que teñen capacidade para afectar tanto ó benestar como á saúde física, psíquica ou social do traballador, como ao desenvolvemento do traballo.

A Psicosocioloxía Aplicada estuda estas condicións que se atopan presentes nunha situación laboral, utilizando un conxunto de técnicas que identifican, valoran o risco por causas organizativas e dan recomendacións para a súa mellora.

Entre os principais riscos psicosociais podemos destacar os seguintes:

  • Estrés Laboral
  • Síndrome de Burnout ou desgaste profesional
  • Violencia
  • Fatiga da poboación traballadora
Triángulo Greca Ibersys

Profesionais a medida

No GRUPO IBERSYS dispoñemos de Psicólogos Industriais coa especialidade de Psicosocioloxía Aplicada e Ergonomía do traballo.

As consecuencias prexudiciais sobre a saúde ou o benestar do traballador e da traballadora, derivadas dunha situación cunhas condicións psicosociais adversas ou desfavorables poden ser: ansiedade, trastornos depresivos, a insatisfacción laboral, afectación das relacións persoais, trastornos cardiovasculares, dores musculares, etc.

Por tanto a prevención e a xestión dos riscos psicosociais é unha tarefa importantísima (que en último termo permitirá que as empresas se doten dun persoal saudable) produtiva e con maior motivación ademais de reducir o absentismo, os índices de accidentes e as lesións laborais.

Por iso é polo que a análise dos factores de risco psicosocial nas empresas é obrigatoria e aparece contemplada na Lei de Prevención de Riscos Laborais.

No GRUPO IBERSYS dispoñemos de Psicólogos Industriais coa especialidade de Psicosocioloxía Aplicada e Ergonomía do traballo, xunto con Técnicos Superiores en Prevención de Riscos Laborais nas catro especialidades e Médicos e DUES do Traballo, que farán que o desenvolvemento desta especialidade da Prevención de Riscos Laborais sexa o máis profesional e eficiente posible.

Psicosociología aplicada

Destinatarios

Todas as empresas e autónomos con traballadores ao seu cargo.

Cómo se organiza o servizo

É un proceso que conleva o seguinte conxunto de actuacións:

  • Identificación dos factores de risco.
  • Selección da metodoloxía, técnicas e instrumentos a empregar.
  • Planificación e realización do traballo de campo.
  • Análise dos resultados e elaboración do informe.
  • Elaboración e posta en marcha dun programa de intervención.
  • Seguimento e control das medidas adoptadas.
Triángulo Greca Ibersys

Solicita información agora

Información básica sobre protección de datos:

Aos efectos do Regulamento (UE) Xeral de Protección de Datos 679/2016 e Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Responsable: Ibersys Seguridad y Salud S.L.U.
Finalidades: Xestionar a súa solicitude de información e/ou contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal
Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional
Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos aquí.

Lin e acepto a política de privacidade