O Art, 19 da Lei de Prevención de Riscos Laborais indica que o empresario deberá garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñen ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo.
A formación deberá estar centrada especificamente no posto de traballo ou función de cada traballador, adaptarse á evolución dos riscos e á aparición doutros novos e repetirse periodicamente, se fose necesario.
A formación contemplada no mencionado artigo 19 LPRL debe ser impartida por persoal cualificado e entidade acreditada.