Icono CAE

Plataforma web para a Coordinación de Actividades Empresariais

Desde Ibersys desenvolvemos unha alianza sólida con ieDOCe e poñemos á súa disposición esta plataforma para proporcionarlles unha solución aos problemas que xorden e ter toda a documentación en regra nos seus centros de traballo.

Triángulo Greca Ibersys
Plataforma web

ieDOCe

ieDOCe é unha plataforma web que permite xestionar os requisitos, e documentación vinculada, que teñen que cumprir as diferentes empresas concorrentes nun centro de traballo no ámbito da CAE.

Triángulo Greca Ibersys

Características

Esta ferramenta vai destinada a todas aquelas entidades que necesiten unha ferramenta que permita axilizar toda a burocracia relacionada con CAE. Así mesmo permítelles ás empresas concorrentes (contratas, subcontratas, etc.) dispoñer dunha plataforma onde achegar a documentación ou consultar información.

  • Definición dos diferentes requisitos que deben cumprir as empresas concorrentes en función do rol que teñan nun determinado proxecto ou actividade.
  • Tamén é posible definir os requisitos dos empregados, equipos ou vehículos en función das tarefas que desenvolven.
  • Definición de empresas (principal, contratas, subcontratas, etc.) e os seus diferentes centros de traballo.
  • Definición dos recursos da empresa: empregados, equipos de traballo e vehículos. Así como a súa vinculación a un determinado proxecto ou actividade.
  • Carga por parte das empresas concorrentes (contratas, subcontratas, etc.) da documentación esixible.
  • Importación de datos desde follas Excel.
  • Validación ou rexeitamento da documentación por parte dos xestores.
  • Axenda das incidencias acaecidas nun determinado período.
  • Consulta de formularios ou modelos tipo que a empresa quere poñer a disposición das contratas.
  • Consulta por parte da contrata da documentación esixible á empresa principal.
  • Subida doutros tipos de documentos esixibles: fichas de seguridade de produtos, fichas técnicas de EPIs, etc.
  • Emisión de tarxetas de accesos con identificación do empregado e o cumprimento dos requisitos.
    • Consulta do cumprimento dos requisitos de acceso mediante código de barras e histórico de autorización ou denegación de acceso.
    • Sistema de xestión automatizado polo que periodicamente se lles envían alertas ás empresas reclamándolles a documentación pendente, a caducada ou a rexeitada.
    • Parametrización da frecuencia das alertas.
    • O sistema de avisos tamén informa da documentación da empresa principal que a contrata aínda non se descargou.
    • Multi-idioma.
    • Configuración do acceso ás diferentes opcións en función do rol do usuario.

Aplicación con tecnoloxía web de forma que para o acceso baste cunha navegador web e con validarse correctamente.

  • Contorno de traballo moi sinxelo e áxil.
  • Pago por uso (SaaS). Non é preciso investir en aplicacións ou servidores. O servizo inclúe todo o necesario para o uso da plataforma.
  • Cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD).Tarifas en función das necesidades do cliente.
  • Servizos de apoio técnico desde o noso “Call Center”, para control da documentación e seguimento das subcontratas.
Triángulo Greca Ibersys

Solicita información agora

Información básica sobre protección de datos:

Aos efectos do Regulamento (UE) Xeral de Protección de Datos 679/2016 e Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Responsable: Ibersys Seguridad y Salud S.L.U.
Finalidades: Xestionar a súa solicitude de información e/ou contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal
Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional
Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos aquí.

Lin e acepto a política de privacidade