Principalmente, encargarémonos do estudo da Avaliación de Riscos e as súas actualizacións e medidas de Vixilancia da Saúde a adoptar e da realización dos exames de saúde individualizados a cada un dos seus traballadores, entre outras actuacións.
A Vixilancia da Saúde é o conxunto de actuacións sanitarias aplicadas aos traballadores co fin de avaliar o seu estado de saúde en relación aos riscos laborais aos que están expostos.
Realízase por medio de recoñecementos médicos específicos aos devanditos riscos, sendo os seus contidos e periodicidade adaptados a cada posto de traballo.
Ademais de previr a posible aparición de enfermidades laborais incipientes, os resultados destes exames médicos serven tamén para avaliar a aptitude para o desempeño da actividade laboral de cada traballador.
A Lei de Prevención de Riscos Laborais especifica a obrigación do empresario de garantir a vixilancia da saúde dos traballadores, e mesmo os exames de saúde establécense como obrigatorios nos seguintes casos: