IBERSYS proporciona un servizo integral, tanto en asesoramento como en execución, para que as empresas poidan cumprir coas esixencias establecidas no R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de Obras de Construción.
Para o cumprimento das obrigacións establecidas no RD 1627/1997, sobre Obras de Construción, para todos os suxeitos que interveñen, tales como, promotor, proxectista, contratista, subcontratista, traballador autónomo, coordinador en materia de seguridade ou o recurso preventivo dos contratistas, tanto para as obras con ou sen proxecto técnico, IBERSYS dispón de persoal especializado para o asesoramento, elaboración de documentación e posta a disposición de técnicos para as seguintes actividades:
IBERSYS, elabora tanto Estudos de Seguridade e Estudos Básicos de Seguridade como Plans de Seguridade en aplicación dos mesmos.
O Promotor estará obrigado a que na fase de redacción do proxecto se elabore un Estudo ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde da obra en cuestión.
O Estudo ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde será elaborado polo técnico competente designado polo Promotor. Cando deba existir un Coordinador en materia de seguridade e saúde durante a elaboración do proxecto de obra, corresponderalle a este elaborar ou facer que se elabore, baixo a súa responsabilidade, o devandito Estudo.
No Plan de Seguridade e Saúde no traballo analizaranse, estudaranse, desenvolveranse e complementaranse as previsións contidas no Estudo ou Estudo Básico, en función do seu propio sistema de execución da obra.
O Plan de Seguridade e Saúde deberá ser aprobado, antes do inicio da obra, polo Coordinador en materia de seguridade e de saúde durante a execución da obra.
IBERSYS pon a disposición das empresas, nos casos establecidos no artigo 32 bis da Lei de Prevención de Riscos Laborais, a presenza de Recursos Preventivos.
Os recursos preventivos de IBERSYS, dispoñen de coñecementos técnicos, cualificación profesional, experiencia en obra e en planificación e teñen carácter documental. Ademais contan con formación preventiva e medios técnicos necesarios.
Extracto do Artigo 32 bis Presencia dos recursos preventivos:
IBERSYS, con máis de 14 anos de experiencia na Coordinación de Seguridade e Saúde, dispón de técnicos competentes para axudarlles ás empresas no cumprimento das súas obrigas no ámbito da Construción.