En Ibersys entendemos que a formación non se debe quedar nun mero cumprimento legal, senón que debe acometerse como o elemento cLave para a mellora dos procesos, a produtividade e a procura da excelencia.

Por esa razón, ofrecemos un amplo conxunto de programas sectoriais que combinan a teoría coa práctica, apoiados nas técnicas máis modernas de formación de adultos.

Para todo iso, contamos cun amplo equipo humano altamente capacitado e cunha adecuada asignación de recursos, que nos permiten dispoñer dunha capacidade operativa real con cobertura eficaz en calquera lugar do territorio nacional.

Todos os nosos cursos son impartidos por persoal cualificado con experiencia, capacidade pedagóxica e profundo coñecemento do sector.

O obxectivo principal é transmitir uns coñecementos preventivos básicos e xerais que lle permitan ao traballador a aplicación de técnicas seguras de traballo durante a execución das unidades de obra que leven a cabo.

Formación sectorial y de convenio