Segundo a Asociación Española de Ergonomía, a ergonomía é o conxunto de coñecementos de carácter multidisciplinar aplicados para a adecuación dos produtos, sistemas e contornas artificiais ás necesidades, limitacións e características dos seus usuarios, optimizando a eficacia, seguridade e benestar.
A ausencia de criterios ergonómicos no deseño ou concepción dun posto de traballo pode supoñer efectos negativos para a saúde, que ademais poden ser múltiples en función do tipo de riscos e factores de riscos que resulten afectados. Relacionados coa carga física os principais efectos para a saúde son os relacionados coa fatiga física e os trastornos músculo esqueléticos, pero tamén poden existir outro tipo de efectos ou problemas inespecíficos derivados de ámbitos de ergonomía de organización, ambiental, etc.
Do mesmo xeito que o resto de riscos laborais a xestión dos riscos ergonómicos é unha obrigación legal nas empresas, que achega grandes beneficios e vantaxes, en concepto de produtividade, mellora do ambiente laboral, vantaxe competitiva, e impacto social, cando se toman medidas antes de esperar as sancións administrativas.
Nor-Prevención, S.L. pon á súa disposición un amplo grupo de profesionais cualificados e con experiencia na especialidade que poderá guiarlle na implementación de criterios ergonómicos nos postos de traballo da súa empresa.
Servizos que ofrecemos de forma individual ou combinada e personalizados segundo a empresa, sector ou características dos postos de traballo: