A normativa ATEX vai dirixida a todas as empresas nas que a manipulación de gases/vapores inflamables ou pos combustibles, pode dar lugar á formación de Atmosferas Explosivas perigosas e que, por iso, están expostas a riscos de explosión. Para dar cumprimento a esta normativa, IBERSYS dispón dos medios e profesionais necesarios para a elaboración do DOCUMENTO DE PROTECCIÓN CONTRA AS EXPLOSIÓNS NOS LUGARES DE TRABALLO.
O Real Decreto 681/2003 sobre protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo, transposición da Directiva 1999/92/CE, contempla unha serie de obrigas do empresario co obxecto de previr as explosións e de protexer aos traballadores contra estas.
Entre outras, o empresario debe tomar medidas de carácter técnico ou organizativo en función do tipo de actividade, seguindo unha orde de prioridades e conforme aos principios básicos seguintes: