Desde Ibersys desenvolvemos unha alianza sólida con ieDOCe e poñemos á súa disposición esta plataforma para proporcionarlles unha solución aos problemas que xorden e ter toda a documentación en regra nos seus centros de traballo.
ieDOCe é unha plataforma web que permite xestionar os requisitos, e documentación vinculada, que teñen que cumprir as diferentes empresas concorrentes nun centro de traballo no ámbito da CAE.
Esta ferramenta vai destinada a todas aquelas entidades que necesiten unha ferramenta que permita axilizar toda a burocracia relacionada con CAE. Así mesmo permítelles ás empresas concorrentes (contratas, subcontratas, etc.) dispoñer dunha plataforma onde achegar a documentación ou consultar información.
Aplicación con tecnoloxía web de forma que para o acceso baste cunha navegador web e con validarse correctamente.