Ibersys Seguridad Vial

Co claro e firme compromiso de frear a sinistralidade e mellorar as condicións de seguridade viaria, en IBERSYS traballamos para formar aos traballadores das empresas para que poidan desprazarse dunha forma segura. É por iso que nas nosas accións formativas traballamos sobre os principais factores que teñen que ver coa condución e que teñen como base a actualización e perfeccionamento das normas de tráfico e seguridade viaria, a identificación dos factores que inciden na seguridade durante a condución, saber que facer ante determinadas emerxencias que poden aparecer durante a condución, redución de sinistros e situacións límite na condución, formación en seguridade activa e pasiva.