O empresario, en cumprimento do artigo 20 da Lei de Prevención, debe analizar e adoptar as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores.
Ademais do cumprimento de esta normativa e dependendo das características das empresas, pode ser necesaria a elaboración doutros tipos de documentos, tales como Plans de autoprotección e/ou Medidas de Prevención e Evacuación (Cantabria), axustándose ao establecido no Real Decreto 393/2007, do 23 de marzo polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicadas a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.
Naqueles casos nos que, segundo o establecido no R.D. 393/2007, non se requira a elaboración do Plan de Autoprotección ou Medidas de Prevención e Evacuación.
IBERSYS, tamén realiza a implantación destes documentos, proporcionando formación teórica e práctica en extinción de incendios e primeiros auxilios, ademais da realización de simulacros.
IBERSYS elaborará unhas Medidas de Emerxencia cuxo contido mínimo, comprenderá o seguinte: