IBERSYS proporciona un servizo integral, tanto en asesoramento como en execución, para que as empresas poidan cumprir coas esixencias establecidas no R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de Obras de Construción.
Para o cumprimento do as obrigacións establecidas no RD 1627/1997, sobre Obras de Construción, para todos os suxeitos intervenientes, tales como, promotor, proxectista, contratista, subcontratista, traballador autónomo, coordinador en materia de seguridade ou o recurso preventivo dos contratistas, tanto para as obras con ou sen proxecto técnico, IBERSYS dispón de persoal especializado para o asesoramento, elaboración de documentación e posta á disposición de técnicos para as diferentes actividades.
Podémoste guiar para conseguir a implantación de hábitos saudables, partindo dunha análise integral dos factores que prexudican o benestar da túa empresa. Acompañándote na valoración, execución e seguimento dos indicadores marcados.
Para aquelas empresas que precisan dunha atención personalizada, exhaustiva e continuada, IBERSYS destina ao seu persoal máis experimentado e especializado, para que presten servizo ‘in house’, xa sexa na área técnica ou sanitaria.
O empresario, en cumprimento do artigo 20 da Lei de Prevención, debe analizar e adoptar as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores. Axudámosche a conseguilo.
A normativa ATEX vai dirixida a todas as empresas nas que a manipulación de gases/vapores inflamables ou pos combustibles, pode dar lugar á formación de Atmosferas Explosivas perigosas e que, por iso, están expostas a risco de explosión.