O sector forestal é, despois do sector da construción, o que presenta un maior índice de sinistros laborais e de enfermidades profesionais. A fase de explotación forestal e máis concretamente as labores de apeo, despolado e tronzado con motoserra son as actividades forestais que presentan maior índice de accidentes. O emprego da motoserra, ferramenta amplamente estendida no medio rural, orixina unha elevada porcentaxe dos accidentes laborais. O coñecemento dos factores de risco da actividade forestal así como dos equipos de protección é fundamental para reducir a alta sinistralidade que se produce no sector e por tanto para lograr unha maior profesionalización e seguridade integral no traballo.