No sector industrial o manexo de cargas constitúe unha das operacións cotiás. Pódese efectuar de forma manual ou mediante a utilización de equipos de traballo, tales como: ponte guindastre, carretillas elevadoras, etc… e utilizando os medios auxiliares necesarios para o seu correcto amarre co fin de levar a cabo as distintas actividades relacionadas coas tarefas de carga, descarga, almacenamento e traslado de material. Os riscos asociados a estas operacións producen gran número de accidentes que son evitables por medio da súa adecuada identificación, avaliación e coa adopción das medidas preventivas adecuadas. En IBERSYS cremos que a mellor ferramenta para evitar ou minimizar os riscos e accidentes aos que se expón o traballador radica nunha boa formación totalmente adaptada a cada máquina e ao uso da mesma. Os nosos alumnos realizan prácticas coa propia máquina coa que van traballar ou cunha de mesmas características.