Multitude de postos de traballo vense asociados cun número elevado de lesións do sistema locomotor, que a curto ou medio prazo limitan un desenvolvemento correcto da actividade laboral, e incapacitan ao traballador para un desenvolvemento profesional óptimo. Desde IBERSYS poñemos a disposición dos nosos clientes un amplo equipo de profesionais co obxecto de abordar o crecente problema dos TME no lugar de traballo e de previr a súa existencia. Os obxectivos xerais do proxecto de formación son:
- 1. Mentalizar e concienciar a todo o persoal sobre a importancia da prevención do risco músculo- esquelético.
- 2. Obter unha información de como identifica e valora este risco o traballador.
- 3. Introducir os fundamentos das aplicacións ergonómicas.
- 4. Adquirir coñecementos sobre pautas e actuacións correctas máis recomendadas e validadas en ergonomía.
- 5. Aplicar os coñecementos adquiridos derivados de cada un dos métodos de traballo a cada caso particular e tarefa concreta.
- 6. Analizar, interpretar e realizar xuízos de valor sobre os resultados das distintas actuacións levadas a cabo.