Nun competitivo en permanente cambio e cada día máis esixente, a formación continua dos traballadores é un elemento imprescindible para o éxito dos proxectos empresariais.

Máis aló dos programas que garanten a actualización de coñecementos específicos dos seus traballadores, as empresas que queren distinguirse e destacar entre os seus competidores precisan accións formativas a medida, adaptadas ás súas particulares circunstancias e orientadas á excelencia.

En Ibersys temos a experiencia, a equipa profesional e unha infraestrutura de centros de cobertura nacional que nos permite confeccionar cada programa como un traxe a medida. Seguimos para iso os seguintes pasos:

  • Análise previa das necesidades específicas da empresa
  • Deseño a medida do programa, equilibrando teoría e práctica
  • Selección da fórmula formativa que mellor se adapte a cada caso: presencial, semipresencial, en liña, ‘in company’, etc
  • Avaliación
Ibersys Formación especializada

Temos ampla experiencia na implementación de programas en áreas clave de xestión:

  • Liderado
  • Xestión de proxectos
  • Intelixencia emocional
  • Creación de equipos de traballo
  • Motivación
  • Benestar e felicidade no traballo
  • Xestión e resolución de conflitos
  • Comunicación e atención ao cliente
  • Coaching
  • Mellora do clima laboral
  • Mindfullness
  • Xestión do estrés
  • Prevención das adiccións
  • Prevención de lesións músculo- esqueléticas
  • Costas sas
  • Hábitos saudables
  • Xestión do talento
  • Etc…

Aínda que o Art, 19 da Lei de Prevención de Riscos Laborais indica que o empresario deberá garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica , suficiente e adecuada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñen, en IBERSYS entendemos que a formación non se debe quedar nun mero cumprimento legal, senón que debe ser o elemento clave para a mellora dos procesos, a produtividade e os indicadores dos sistemas.

A nosa aposta é por unha formación de calidade que combina a teoría coa práctica, e todo iso apoiándonos nas técnicas máis modernas de formación de adultos.

Para todo iso, contamos cun amplo equipo humano altamente capacitado e unha adecuada asignación de recursos, que nos permiten dispoñer dunha capacidade operativa real con cobertura eficaz en calquera lugar do territorio nacional.

Triángulo Greca Ibersys

Para nós, a formación é un dos alicerces fundamentais da xestión dos procesos nas empresas, e por iso os nosos servizos de formación se caracterizan por:

SER ACCIÓNS FORMATIVAS TEÓRICAS E PRÁCTICAS

PODER IMPARTIRSE NO PROPIO CENTRO DE TRABALLO

OFRECERSE A MEDIDA SEGUNDO AS NECESIDADES DE CADA CLIENTES

A ELABORACIÓN DE PLANS DE FORMACIÓN COMPLETOS

SER IMPARTIDOS POR PERSOAL CUALIFICADO

con experiencia, capacidade pedagóxica e coñecemento da empresa cliente