FES e Ibersys subscriben un acordo de claro beneficio para os asociados de FES

Ibersys > Novas > FES e Ibersys subscriben un acordo de claro beneficio para os asociados de FES

O pasado día 9 de setembro, o Presidente de FES D. Mariano Agüero Martín e o Conselleiro Delegado do Grupo Ibersys D. José Antonio Grandío Cabo, subscribiron na sede de FES un acordo de colaboración dirixido a ofertar en especiais condicións aos asociados de FES servizos de seguridade e saúde laboral a nivel nacional. Dito Acordo enmárcase na aposta de FES por achegarlle solucións aos seus asociados con provedores de máximo nivel e recoñecemento en diferentes materias a nivel nacional. IBERSYS naceu no ano 1999 para ser protagonista no mercado nacional da Seguridade e Saúde laboral é un provedor con máis de 46 oficinas propias, unha equipa humana de 590 profesionais e que conta con máis de 36000 clientes en territorio español.